Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Adxudicación provisional do concurso xeral de traslados para o persoal funcionario docente do corpo de mestres para o ano 2017

Adxudicación provisional do concurso xeral de traslados para o persoal funcionario docente do corpo de mestres para o ano 2017 [1]

Enviado por administrador a Mar, 14/03/2017 - 09:05
Gallego

Publicación da adxudicación provisional do concurso de traslados entre persoal docente do corpo de mestres convocado pola Orde do 14 de outubro de 2016 (DOG núm. 205, do 27 de outubro). [2]

De acordo co establecido na base vixésimo novena, o persoal concursante poderá presentar reclamacións á resolución provisional no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Igualmente, e no mesmo prazo, o persoal concursante poderá presentar renuncia a súa participación no concurso.

As persoal que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino na resolución provisional, xa que, de non facelo, poderían obter destino na resolución definitiva.

 O prazo para reclamacións e renuncias, é desde o día 15 ao 24 de marzo, ambos incluídos.

As ditas reclamacións e renuncias presentaranse polos procedementos ós que alude a base vixésimo segunda, podendo envíalas, unha vez rexistradas, a:

Primaria: correo electrónico persoal.primaria@edu.xunta.es [3] ou por fax: 881 999 241.

Información relacionada

Servizo relacionado: 

CXT [4]
Concurso de traslados [5]
Educación primaria [6]
Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria [7]
Profesorado [8]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/21492

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/21492
[2] https://www.edu.xunta.gal/cxt/DocumentoPublicado.do
[3] mailto:persoal.primaria@edu.xunta.es
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/1771
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/195
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/82
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/50
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado