Román Rodríguez respalda coa súa presenza ao alumnado galego participante no Spainskills 2017 [1]
O conselleiro animou aos 25 mozos e mozas que representan a Galicia no campionato nacional a demostrar o potencial da FP galega

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asistiu esta mañá á inauguración do Spainskills 2017, o maior campionato de Formación Profesional que reúne a alumnos e alumnas de toda España. De feito, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia visitou á delegación galega, conformada por 25 mozos e mozas que participarán nun total de 23 competicións, e animounos a demostrar o potencial da FP de Galicia, así como a seguir formándose e aprendendo a través deste tipo de certames. Ademais dos alumnos e alumnas participantes, cada competidor estará acompañado por un titor do centro educativo, e tamén por tres xefes de equipo que se encargan dos labores de coordinación.
Durante a xornada de apertura –que inaugurou o secretario de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, Marcial Marín–, Colombia asistiu como país invitado e deuse conta da lectura do xuramento do ‘Xogo Limpo’. As competicións do Spainskills comezan mañá e prolongaranse ata o venres, para posteriormente o sábado celebrar a cerimonia de clausura.
En concreto, a representación galega está conformada polos seguintes alumnos e alumnas:
ESPECIALIDADE |
REPRESENTANTE GALEGO |
Mecatrónica |
Miguel Sotelo González e Raúl Acuña Fariñas, do IES Politécnico de Vigo
|
Deseño mecánico - CAD |
Carlos Andrés Ramallo Lestayo, do CIFP Ferrolterra
|
CNC – Torneado e fresado |
Raúl Fernández Lorenzo, do IES Politécnico de Vigo
|
Soldadura |
Julián Fernández Souto, do IES de Valga |
Reparación de carrozaría |
Ángela Calvo Filgueiras, do CIFP Ferrolterra
|
Fontanería e calefacción |
Alejandro Louzao Cameán, do CIFP Coroso de Ribeira
|
Instalacións eléctricas |
Moisés Pereiro Durán, do IES Universidade Laboral de Culleredo
|
Control industrial |
Borja Abal Varela, do IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía |
Ebanistaría |
Raúl Piñeiro Rodríguez, do CIFP Politécnico de Santiago
|
Carpintería |
Diego Varela García, do CIFP Politécnico de Lugo
|
Floraría
|
Soraia Barbosa Oliveria, do IES San Rosendo de Mondoñedo
|
Perruquería |
Lucía López Bujeiro, do CIFP Someso da Coruña
|
Tecnoloxía da moda |
Graciela González Touriño, do CIFP Manuel Antonio de Vigo
|
Tecnoloxía do automóbil |
Miguel Paz Pena, do IES As Mariñas de Betanzos
|
Cociña |
Carolina Espasandín Pérez, do CIFP Compostela de Santiago
|
Servizos de restaurante e bar
|
Ana Sofía Emidio Martínez, do CIFP Manuel Antonio de Vigo
|
Pintura do automóbil |
Silvia Folgueira Rico, do CIFP As Mercedes de Lugo
|
Xardinaría paisaxística |
Damián Ferreira Barros e Ester Ogando Pando, do CIFP A Granxa de Ponteareas
|
Refrixeración |
Pablo Lema Paz, do IES Universidade Laboral de Culleredo
|
Administración de sistemas en rede |
Milan Cornado Rodríguez, do IES San Clemente de Santiago
|
Coidados auxiliares de enfermaría e atención
|
Daniel Pérez López, do IES Leixa de Ferrol |
Panadaría |
Alba Triñanes Dieste, do CIFP Compostela de Santiago
|
Animación 3D e xogos |
Esther Insua López, do IES Imaxe e Son da Coruña
|