Admisión a ciclos formativos: 2ª adxudicación extraordinaria. Convocatoria 2016/2017 [1]
Enviado por administrador a Mér, 21/09/2016 - 10:11Publicación das listaxes de persoas con praza adxudicada na convocatoria extraordinaria nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.
O prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue dende o mércores 21 de setembro ata ás 13:00 horas do venres 23 de setembro de 2016. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.
- Máis información [2]