Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Educación licita as obras de ampliación do IES de Teis, en Vigo, por preto de 1,7 millóns de €

Educación licita as obras de ampliación do IES de Teis, en Vigo, por preto de 1,7 millóns de € [1]

O obxectivo é mellorar as instalacións do centro para a súa adaptación á nova FP Básica e aos ciclos formativos de 2.000 horas

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de  licitar as obras de ampliación do IES de Teis, en Vigo, por un importe de 1.667.876 euros, e un prazo de execución de 12 meses, tal como publica hoxe o DOG (http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160706/AnuncioG0164-300616-0004_gl.html [2]).

O obxecto desta obra é o de mellorar as instalacións do centro dedicadas especialmente no que atinxe á implantación da FP Básica e dos ciclos formativos de 2.000 horas, dando resposta ás necesidades de crecemento que está a experimentar a Formación Profesional. A obra está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

O  IES é un centro de referencia na cidade da oliveira nas familias profesionais de Imaxe Persoal e Informática e Comunicacións, ofertando case o 100% dos ciclos existentes na nosa Comunidade nesas dúas familias profesionais.

Case 1.200 metros cadrados máis

As obras suporán a ampliación de 1.179,60 m² distribuídos en planta semisoto, acceso e alta. Na planta semisoto situaranse os talleres de estética, aula polivalente de estética, departamento e vestíbulo para os ciclos de perruquería e estética. Na planta de acceso crearanse tres aulas polivalente, un almacén de tecnoloxía con aula adxunta,  unha aula de pedagoxía terapéutica, e 2 aulas de diversificación. Finalmente o andar superior acollerá o laboratorio taller de informática – dividido en tres partes-  e o departamento.

A actuación completarase coa mellora da instalación de protección contra incendios e o redimensionamento da instalación de calefacción. Segundo explicou o conselleiro, en vindeiras datas licitaranse as obras para que poidan comezarse en verán e estar rematadas antes de final de ano.

Construcións e melloras [3]
Ensinanzas de réxime xeral [4]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [5]
Centros [6]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/19476

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/19476
[2] http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160706/AnuncioG0164-300616-0004_gl.html
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/240
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/218
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros