A Consellería de Educación asina un covenio coa FEGAMP relativo a limpeza dos centros públicos integrados [1]
Xesús Vázquez Abad asinou hoxe un acordo co presidente da Federación Galega de Municipios polo que se lles transfiren 735.000 euros para a limpeza de recintos educativos

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, vén de asinar un convenio co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Carlos A. Fernández Castro, relativo aos gastos de limpeza dos centros públicos integrados.
En virtude de dito acordo a Consellería transfire 735.000 euros á Fegamp que será a responsable de repartilos entre 37 concellos, e os seus respectivos centros escolares, para que as corporacións municipais xestionen control en paguen os servizos de limpeza dos colexios.
Con este novo acordo a Consellería continúa a demostrar o seu compromiso constante con todos os aspectos relativos ao mundo da Educación. Neste caso no relativo ao mantemento dos centros a través da limpeza xestionada polos concellos. Asemade este convenio é una nova mostra de que a Consellería asume os compromisos derivados do pacto local, en momentos nos que a situación económica dos concellos atravesan dificultades.
Cómpre recordar que a Consellería xa abonará no mes de marzo deste ano outros 735.000 euros correspondentes aos gastos do 2009.
Asemade a administración continúa apoiando aos concellos e para elo estaa traballar con perspectiva e esta previndo que non vindeiros exercicios póidanse incorporar novos centros en función das situación orzamentaria.