Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > A Consellería de Educación facilita o acceso á escolarización gratuíta do alumnado con necesidades educativas específicas no centro de educación especial O Pelouro

A Consellería de Educación facilita o acceso á escolarización gratuíta do alumnado con necesidades educativas específicas no centro de educación especial O Pelouro [1]

Gallego
O Consello da Xunta aprobou hoxe a sinatura dun novo convenio con este colexio, para a escolarización de alumnado con trastornos de personalidade e conduta

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria facilitará un curso máis a escolarización totalmente gratuíta de alumnas e alumnos con trastornos de personalidade e conduta no centro neuropsicopedagóxico O Pelouro, en Pontevedra. Ao abeiro deste convenio a Xunta de Galicia subvenciona ademais a reserva de prazas de residencia para os escolares cos devanditos trastornos, de forma que, se así o recomendan as súas particulares circunstancias, poidan recibir atención educativa en réxime de internado de forma totalmente gratuíta para as súas familias.

Deste xeito, o apoio da consellería serve para que o centro O Pelouro preste atención educativa e asistencial ao alumnado co fin de lograr o máximo desenvolvemento das súas potencialidades, no marco dunha comunidade socioeducativa e terapéutica que ten como base a integración interactiva e intersectiva. Esta atención desenvolverase en réxime de internado de diversos tipos, segundo as características familiares de cada rapaz ou as que a terapia aconsellen, procurando o réxime máis axeitado para cada neno, e unhas dinámicas de grupo adaptadas ás súas necesidades. Ademais, o centro ocuparase de orientar as familias do alumnado destas características.

Os fondos achegados pola Consellería de Educación destinaranse a aboar os salarios de persoal docente e complementarios, aos gastos de funcionamento de unidades obxecto de convenio e á atención ao alumnado que ocupe as prazas de residencia.

Coa sinatura deste convenio a Consellería de Educación colabora co funcionamento do centro do Pelouro, que vén desenvolvendo desde 1973 a coeducación de escolares con necesidades educativas específicas, con e sen minusvalidez, mediante unha educación completa e integral da persoa, baseada na súa diversidade.

Alumnado con necesidade específica de apoio educativo [2]
Consellería de Cultura, Educación e Universidade [3]
Alumnado [4]
Centros [5]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/1816

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/1816
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/145
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros