Tribunal que xulgará a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres. Data, a hora e o lugar no que se realizará a proba [1]
Enviado por administrador a Lun, 25/05/2015 - 08:45Xúntase a Resolución do 15 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se procede a nomear e facer pública a composición do tribunal que xulgará a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación e de mestres na Comunidade Autónoma de Galicia convocados pola Orde do 11 de marzo de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 18 de marzo), e pola que se fai pública a data, a hora e o lugar en que se realizará a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nos citados procedementos selectivos.
A data, a hora e o lugar en que se realizará a citada proba será:
- Data: 13 de xuño de 2015.
- Hora: ás 10.00 horas.
- Lugar: IES As Fontiñas [2], rúa de Estocolmo, 5, Santiago de Compostela (A Coruña).