O secretario xeral de Política Lingüística recibe o alumnado de galego do Bierzo, de visita de estudos en Galicia [1]
Gallego

O secretario xeral de Política Lingüística recibe o alumnado de galego do Bierzo, de visita de estudos en Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recibiu este mediodía no Museo Pedagóxico de Galicia un grupo de 135 alumnos e alumnas que estudan galego no Bierzo, no marco do protocolo de colaboración asinado pola Xunta de Galicia e pola Junta de Castela e León, de visita de estudos en Galicia durante estes días.
Tamén participaron na recepción a subdirectora xeral de Política Lingüística, Concepción García, e mais a directora do MUPEGA, Beatriz Seco.