Axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no curso 2014/2015, nas universidades do SUG, que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos [1]
Enviado por administrador a Mér, 01/04/2015 - 11:59Xúntase a Orde do 18 de marzo de 2015 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no curso académico 2014/15, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, que por causas sobrevidas e imprevistas teña dificultades económicas para continuar estudos.
Prazo de presentación das solicitudes:
- Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será 2 de abril ata o 2 de maio de 2015.
- Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes o 30 de setembro de 2015, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b).
File: