Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Nova aplicación de Xestión de comedores escolares

Nova aplicación de Xestión de comedores escolares [1]

Enviado por administrador a Mér, 22/09/2010 - 14:27
Gallego

Desde hoxe está dispoñible a nova aplicación para a xestión dos comedores escolares en www.edu.xunta.gal/comedores [2].
Teñen acceso á aplicación os cargos directivos dos centros con xestión directa e indirecta.

Para máis información, dispoñen no menú Axuda da nova aplicación das instrucións remitidas no pasado mes de xuño e dunha guía rápida para o uso da mesma.

NOTA: actualización do importe dos prezos públicos

Segundo o previsto no artigo 3.º do Decreto 374/2009, do 6 de agosto (Diario Oficial de Galicia núm. 159, do 14/08/2009), actualízanse os prezos públicos que deberán aboar as persoas usuarias dos comedores escolares nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria durante o curso 2010/2011, que terán os seguintes importes:

  • 3,05 euros por día de servizo
  • 1,52 euros por día de servizo, nos supostos recollidos no artigo 4.2º do Decreto 374/2009.
Información relacionada

Servizo relacionado: 

Comedores [3]
Comedores escolares [4]
Ensinanzas de réxime xeral [5]
Servizo de Xestión do Transporte Escolar [6]
Centros [7]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/1457

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/1457
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/../../../comedores
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/1461
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/128
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/218
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/14
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros