Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > O conselleiro de Cultura e Educación comproba o avance das obras de construción do novo CEIP de Oleiros, que suporá un investimento de preto de 4 millóns de euros

O conselleiro de Cultura e Educación comproba o avance das obras de construción do novo CEIP de Oleiros, que suporá un investimento de preto de 4 millóns de euros [1]

Xesús Vázquez Abad salientou o bo ritmo ao que marchan os traballos, que permitirá que o centro abra as súas portas no curso 2015/2016

O CEIP terá capacidade para 450 alumnas e alumnos

A Consellería está a investir máis de 17,1 millóns de euros en novas infraestruturas educativas na área de influencia da Coruña

Gallego
 O conselleiro de Cultura e Educación comproba o avance das obras de construción
O conselleiro de Cultura e Educación comproba o avance das obras de construción do novo CEIP de Oleiros, que suporá un investimento de preto de 4 millóns de euros

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, comprobou esta mañá o avance das obras de construción do novo CEIP de Oleiros, na que o seu departamento inviste preto de 4 millóns de euros, dos cales máis 3,7 millóns destínanse para a obra e o resto para dotación e mobiliario do centro. O conselleiro salientou o bo ritmo ao que marchan os traballos, “de feito, xa está erixida a totalidade da estrutura do centro, polo que podemos dicir que o novo colexio poderá abrir as súas portas no vindeiro curso 2015/2016, tal e como quedara comprometido”.

O novo CEIP de Oleiros terá capacidade para 450 alumnas e alumnos, ao dispor de 6 aulas de educación infantil e 12 aulas de primaria. Ademais estará dotado de dúas aulas de informática, catro aulas de pequeno grupo, e outra polivalente, así como de biblioteca, ximnasio, vestiarios, aseos, unha sala de profesores, sala de ANPA e comedor. Asemade contará cunha zona administrativa e servizos comúns.

Neste contexto o conselleiro quixo lembrar o forte investimento en novas infraestruturas educativas que o seu departamento está a realizar na cidade herculina e na súa área de influencia. “Este curso inaugurouse o novo aulario do CEIP Vales Vilamarín, en Betanzos, e acabamos de rematar a ampliación do CEIP Sada y sus Contornos, así como a do CEIP Emilia Pardo Bazán, na Coruña. Así mesmo, a maiores deste CEIP, temos xa en marcha a construción dos IES de Carral e de Culleredo. Estamos a falar dun investimento de máis de 17,1 millóns de euros que pon de manifesto o noso compromiso coa comunidade educativa destes concellos”.

Durante o seu percorrido pola obra o conselleiro estivo acompañado polo secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén; pola delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo; e polo alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane.

Construcións e melloras [2]
Educación infantil [3]
Educación primaria [4]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [5]
Centros [6]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/14144

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/14144
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/240
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/81
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/82
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros