Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > O conselleiro de Educación visita centros educativos de Vila de Cruces e Silleda no primeiro día de curso escolar

O conselleiro de Educación visita centros educativos de Vila de Cruces e Silleda no primeiro día de curso escolar [1]

A Consellería de Educación vén de investir 588.000 euros en obras de mellora e reposición nos centros destas localidades

Gallego
O conselleiro de Educación, esta mañá na visita aos centros educativos
O conselleiro de Educación, esta mañá na visita aos centros educativos

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe centros educativos de Vila de Cruces e Silleda, nos que iniciaban o curso nas etapas de Infantil e Primaria.

A primeira hora da mañá, Vázquez Abad compartiu cos 189 alumnas e alumnos do CEIP Nosa Señora da Piedade (Vila de Cruces) o inicio do curso escolar. Ademais, o conselleiro aprobou para comprobar o estado do centro tras as obras de reposición de cubertas e caldeira realizadas pola Consellería no colexio.

Nesta visitas acompañaron ao conselleiro o delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís; o director xeral de Centros, José Manuel Pinal; o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares; e o alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero.

Na mesma localidade, Vázquez Abad visitou tamén o IES Marco do Camballón, no que a Consellería de Educación vén de construír novos talleres. Con estas visitas o conselleiro demostra de novo o compromiso do departamento do que é titular con Vila de Cruces. Non en balde, a Consellería vén de investir case 510.000 euros en obras de reposición e mellora nos centros educativos da localidade.

Posteriormente Xesús Vázquez Abad desprazouse ata Silleda, onde visitou o CEIP da localidade. Neste colexio comprobou o resultado das obras de reposición de ventanais e de adaptación para a accesibilidade dos aseos realizadas pola Consellería, por importe de máis de 78.000 euros. Ademais, o conselleiro acompañou no inicio das clases aos 330 escolares do centro.

Na visita ao colexio de Silleda acompañaron ao conselleiro o director xeral de Centros, José Manuel Pinal; o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares; e a alcaldesa, Ofelia Rey Recimil.

Información xeral [2]
Educación infantil [3]
Educación primaria [4]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [5]
Centros [6]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/1403

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/1403
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/123
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/81
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/82
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros