Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Máis de 200 docentes asisten ás XXIV Xornadas Pedagóxicas da Asociación de Profesores de Francés de Galicia

Máis de 200 docentes asisten ás XXIV Xornadas Pedagóxicas da Asociación de Profesores de Francés de Galicia [1]

O director xeral de Educación, José Luís Mira, inaugurou esta mañá as xornadas pedagóxicas, que se desenvolverán ata o sábado no IES Fontiñas, de Santiago de Compostela

Gallego
XXIV Xornadas Pedagóxicas da Asociación de Profesores de Francés de Galicia
O director xeral de Educación, José Luís Mira, inaugurou ás XXIV Xornadas Pedagóxicas da Asociación de Profesores de Francés de Galicia

O IES Fontiñas de Santiago de Compostela acolle as XXIV Xornadas Pedagóxicas da Asociación de Profesores de Francés de Galicia (APFG), desde hoxe ata o sábado. O acto foi inaugurado polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luís Mira, e contou coa presenza do presidente da APFG, Carlos Vidal López.

As actividades, que gozaron de éxito de convocatoria, programadas para estes días abordan con especial interese o emprego das TICs na ensinanza do idioma, a través dos distintos relatorios centrados na aprendizaxe do francés co uso de novas tecnoloxías.

Aprendizaxe a través das TICs

Nestes días os relatorios xirarán en torno ao uso das tecnoloxías como método de ensinanza para que o alumnado adquira o pleno dominio do idioma a través de proxectos que se desenvolven na rede e outros dispositivos. Ademais, tratarase a renovación pedagóxica do francés; así como a aprendizaxe de linguas dende unha perspectiva estrutural, social e construtivista; e tamén se falará sobre os novos enfoques para a impartición das clases.

Ademais, os asistentes ampliarán a súa formación con talleres didácticos e pedagóxicos e actividades lúdicas como a “velada de cine”, espazos de encontro ou representacións teatrais. 

O director xeral de Educación, José Luís Mira, recordou que a mellora das competencias lingüísticas é moi importante no futuro do alumnado, e destacou ademais a implicación deste departamento pola Educación. Por outra banda o director de Educación felicitou ao presidente da APFG, con quen comparte a mesma preocupación como queda de manifesto pola temática destas Xornadas Pedagóxicas.

Estas XXIV Xornadas Pedagóxicas, contan co apoio da Consellería de Educación que continúa co seu compromiso de fomentar a aprendizaxe de linguas estranxeiras no entorno educativo, para que o alumnado adquira todas as competencias lingüísticas de desenvolvemento noutra lingua como así ven  facendo con iniciativas como o Plan Galego de Potenciación de Linguas Estranxeiras ou o Programa Europeo de Aprendizaxe Permanente (PAP).

Xornadas [2]
Ensinanzas de réxime xeral [3]
Ensinanzas de réxime especial [4]
Educación de persoas adultas [5]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [6]
Profesorado [7]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/1396

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/1396
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/225
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/218
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/109
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/112
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado