Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > ‘FalaRedes’, da Consellería de Cultura e Educación, leva esta semana o 'Brinca vai de aquí a acolá!' a Boiro, a Frades, a O Vicedo e a Melide

‘FalaRedes’, da Consellería de Cultura e Educación, leva esta semana o 'Brinca vai de aquí a acolá!' a Boiro, a Frades, a O Vicedo e a Melide [1]

Con esta proposta de lecer a Secretaría Xeral de Política Lingüística achégalle o galego á xente miúda de xeito lúdico e divertido

Gallego
‘FalaRedes’, da Consellería de Cultura e Educación, leva esta semana o 'Brinca v
‘FalaRedes’, da Consellería de Cultura e Educación, leva esta semana o 'Brinca vai de aquí a acolá!' a Boiro, a Frades, a O Vicedo e a Melide

O programa de fomento do galego FalaRedes, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, leva esta semana o concerto-obradoiro infantil Brinca vai de aquí a acolá! a catro novos concellos. Os anfitrións nesta ocasión serán as localidades coruñesas de Boiro, de Frades e de Melide e á lucense do Vicedo.

O espectáculo protagonizado polo coñecido músico e actor Paco Nogueiras encontrarase mañá coa xente miúda de Boiro, ás 20:00 horas na Casa da Cultura Ramón Martínez López, mentres que o sábado fará as delicias da cativada de Frades, ás 12:00 horas no Local Multiúsos, e do Vicedo, ás 19:30 horas na Casa da Cultura.

Xa o domingo, Brinca vai de  aquí a acolá! chegará a Melide, onde os nenos e nenas de 6 a 9 anos e as súas familias teñen unha cita coa diversión en galego ás 18:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura. Coma sempre en FalaRedes, a entrada será libre e de balde ata completar a capacidade das salas.

Nesta sexta proposta do programa de Política Lingüística a música, as cancións, o humor e o enxeño toman a palabra para convidar á creatividade e a viaxar ao longo dos doce meses do ano, achegándolle á xente miúda da casa as tradicións, a natureza, os xogos ou as festas populares.

A música actúa unha vez máis como fonte de transmisión do galego ao promover que os nenos e nenas sigan cantando as cancións tras finalizar a actividade, na que cantan, bailan e brincan, gozando dunha auténtica festa no noso idioma.

Próximas paradas

Tras as paradas desta semana, o Brinca vai de aquí a acolá! seguirá en decembro de xira polos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia. Entón tocaralle a quenda a Viveiro, a Boborás, a Corcubión, a Santa Comba, á Coruña, a Ramirás, a Bergondo e a Forcarei.

Ata finais de ano, FalaRedes chegará durante as fins de semana e os festivos á totalidade de concellos da RDL a través de seis actividades con preto de 200 sesións gratuítas. Máis información sobre FalaRedes 2014 no web institucional da Secretaría Xeral de Política Lingüística www.xunta.es/linguagalega/falaredes_2014 e nas redes sociais.

File: 

PDF icon Dossier 'Brinca vai de aquí a acolá! [2]
Lingua galega [3]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [4]
Entidades autonómicas [5]
Alumnado [6]
Familias [7]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/13944

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/13944
[2] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/news/2014/11/27/brincavaidossierdeprensa.pdf
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/234
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/404
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/familias