Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Catrocentos estudantes de 18 centros educativos participarán nas estadías lingüísticas convocadas pola Consellería de Cultura e Educación para este outono

Catrocentos estudantes de 18 centros educativos participarán nas estadías lingüísticas convocadas pola Consellería de Cultura e Educación para este outono [1]

Esta liña do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeira supón a desestacionalización do modelo de estadías formativas de linguas estranxeiras, ampliándoo así a todo o curso escolar

A concorrencia de preto de 130 centros á convocatoria constitúen esta actividade como un total éxito

Gallego
 Catrocentos estudantes de 18 centros educativos participarán nas estadías lingü
Catrocentos estudantes de 18 centros educativos participarán nas estadías lingüísticas convocadas pola Consellería de Cultura e Educación para este outono

Un total de 400 alumnas e alumnos de 18 centros educativos participarán este outono nas estadías para a formación en linguas estranxeiras – concretamente en inglés- convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Con esta nova liña do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras o departamento educativo da Xunta de Galicia desestacionaliza o modelo de actividades de formación a través de estadías. Trátase dun importante esforzo da Consellería, máis no actual contexto económico, de ampliar por segunda vez a todo o ano unhas estadía que ata este momento só se desenvolvían en verán.

Cómpre salientar o total éxito desta iniciativa, de feito solicitaron participar nestas estadías preto de 130 centros educativos. A relación de centros pode consultarse no portal educativo da Xunta de Galicia /portal/node/13661.

Nas estadías, que terán unha semana de duración, participarán alumnas e alumnos de 6º curso de educación primaria e dos catro cursos da ESO matriculado en centros públicos. As actividades organizaranse en cinco quendas, a primeira delas -do 2 ao 9 de novembro- será para os estudantes de sexto de primaria; a segunda, do 9 ao 15 de novembro, para os estudantes de primeiro de ESO; a terceira, do 16 ao 22 de novembro, para os de segundo de ESO; a cuarta, do 23 ao 29 de novembro, para os de terceiro de ESO; e, xa por último, a quinta quenda, que será do 30 de novembro ao 06 decembro, para o alumnado de cuarto de ESO. 

O  obxectivo desta iniciativa é mellorar as competencias en lingua inglesa das rapazas e rapaces, a través dunha experiencia de comunicación neste idioma nun entorno no que se combina a aprendizaxe da lingua inglesa e se mesturan actividades de formación e actividades culturais.

Inmersión lingüística [2]
Educación primaria [3]
Educación secundaria obrigatoria [4]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [5]
Profesorado [6]
Alumnado [7]
Familias [8]
Centros [9]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/13663

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/13663
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/609
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/82
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/83
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/familias
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros