Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > A Consellería de Educación investirá máis de 6,5 millóns de euros para a construción do novo IES de Milladoiro

A Consellería de Educación investirá máis de 6,5 millóns de euros para a construción do novo IES de Milladoiro [1]

Con este centro dáse resposta ás necesidades educativas do Concello de Ames

Gallego

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vai dar resposta ás necesidades educativas dunha poboación en crecemento como é o Concello de Ames a través da construción dun novo instituto de educación secundaria no Milladoiro.

Para iso, o Consello da Xunta deu hoxe o visto e prace ao expediente de gasto polo que se investirán máis de 6,5 millóns de euros ata 2012 para construír un centro en que as alumnas e alumnos poderán cursar estudos nas súas 16 unidades de ESO e 3 de bacharelato. O IES contará ademais cunhas completas instalacións deportivas, así como con servizo de cafetaría e local para comedor, entre outras dependencias.

O 21 de novembro de 2005 asinouse o protocolo entre a Consellería e o Concello, pero non foi ata marzo de 2009 cando se completou pola entidade local a documentación preceptiva para poder dar trámite ao procedemento de aceptación dos terreos por parte da Xunta de Galicia. Tras isto, o proceso culminou coa publicación no DOG o pasado 21 de xullo de 2010 do decreto polo que se acepta a cesión a título gratuíto do inmoble.

Con este investimento a Consellería de Educación continúa a facer realidade un dos seus obxectivos prioritarios, como é o de dar un salto cualitativo e cuantitativo nas edificacións da rede de centros públicos de ensino non universitario de Galicia. Deste xeito dáse resposta ás necesidades educativas da comunidade, impulsando ao mesmo tempo para todo o alumnado a igualdade de acceso a uns centros educativos de vangarda con instalacións de calidade.

Construcións e melloras [2]
Educación secundaria obrigatoria [3]
Bacharelato [4]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [5]
Centros [6]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/1324

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/1324
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/240
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/83
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/84
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros