Resolución provisional de admitidos e excluídos de comisións de servizos por motivos de saúde do profesorado para o vindeiro curso académico 2014/2015 [1]
Enviado por administrador a Xov, 19/06/2014 - 15:14Publícase a Resolución provisional de admitidos e excluídos das comisións de servizos por motivos de saúde do profesorado de educación infantil e primaria, do profesorado de educación secundaria, de formación profesional e de réxime especial e do profesorado de relixión para o vindeiro curso 2014/2015.
Así mesmo publícase o Anexo de solicitudes excluídas do profesorado que non realizou a súa petición a través da aplicación informática.
PRAZO DE RECLAMACIÓN:
- O prazo de reclamacións comeza o día 20 de xuño de 2014 e remata o día 25 de xuño de 2014, ambos días incluídos.
- As reclamacións á resolución provisional deberán dirixilas á Xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e O.U da correspondente provincia segundo consta na referida Resolución.