Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > A Consellería de Cultura e Educación participa no Congreso de Imaxe Persoal 2014 no CIFP Someso

A Consellería de Cultura e Educación participa no Congreso de Imaxe Persoal 2014 no CIFP Someso [1]

O encontro ten como obxectivo fomentar o intercambio de experiencias docentes e reflexionar sobre as principais novidades do sector

Gallego
Manuel Corredoira, participou hoxe no Congreso de Imaxe Persoal 2014
Manuel Corredoira participou hoxe no Congreso de Imaxe Persoal 2014

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, participou hoxe no Congreso de Imaxe Persoal 2014; un encontro celebrado no Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Someso co fin de fomentar o intercambio de experiencias docentes e reflexionar sobre as principais novidades do sector. O encontro foi organizado polo Centro de Formación e Recursos da Coruña, da Rede de Formación da Consellería.

Durante a súa intervención o director xeral salientou o grande interese do congreso “non só para empresarios e traballadores do sector, senón tamén para os profesionais da FP, alumnado e profesorado, xa que todos eles terán a oportunidade de coñecer as tendencias máis vangardistas e aqueles máis emprendedores atoparán tamén oportunidades de negocio”. Así mesmo, valorou o feito de que o encontro se celebre nun centro educativo dado que, “ademais de proxectar as actividades que nel se desenvolven, serve de escaparate para que o sector coñeza e visualice o que se pode facer e aprender coas ensinanzas de FP”.

Neste sentido Corredoira agradeceu o labor do CIFP Someso e do profesorado dos ciclos formativos “polo seu esforzo e dedicación que fan posible que a formación profesional en Galicia estea alcanzando unhas importantes cotas de calidade; proba disto é o incremento do número de matriculados nestas ensinanzas nos últimos anos”. Asemade, o director xeral sinalou a colaboración das empresas no impulso da Consellería a través da FP, unha colaboración que cualificou como “imprescindible para formar a titulados que saiban adaptarse ás cambiantes esixencias dun sector moi competitivo e suxeito a cambios e tendencias”.

O congreso, que se celebra hoxe e mañá no CIFP Someso, conta coa participación de profesionais de relevancia no ámbito académico como Ana Begoña Sordo González e Carmen Cortés Molina - ambas as dúas en representación da subdirección General de Orientación e Formación profesional do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte-, entre outros. Ademais, no encontro participan representantes de destacadas empresas do sector, como o Grupo LOIDA ou L’Oreal Professionnel; e conta coa colaboración de Videocinco Editorial e mais Óscar G Sistema.

Congresos [2]
Imaxe persoal [3]
Dirección Xeral de Formación Profesional [4]
Profesorado [5]
Centros [6]
Empresas [7]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/12147

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/12147
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/719
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/97
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/8
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/empresas