Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > A Consellería de Cultura e Educación recibe o recoñecemento europeo ao traballo desenvolvido a través do programa de aprendizaxe permanente en centros

A Consellería de Cultura e Educación recibe o recoñecemento europeo ao traballo desenvolvido a través do programa de aprendizaxe permanente en centros [1]

O director de Educación, Formación Profesional e Innovación recibiu o galardón co que se destaca o labor realizada pola Xunta no relativo ás visitas de estudos, con programas como o Grundtvig ou o Comenius

Gallego
O director de Educación, Formación Profesional e Innovación recibiu o galardón c
O director de Educación, Formación Profesional e Innovación recibiu o galardón co que se destaca o labor realizada pola Xunta

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de recoller o galardón que o Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos (APEE) lle outorgou pola calidade no Programa de Aprendizaxe Permanente en centros, no relativo ás visitas de estudos.

O premio foi entregado na VII Conferencia Nacional temática e a Feira de Valorización do Programas desenvolvido hoxe pola tarde no Círculo de Bellas Artes de Madrid. O galardón foi recollido polo director de Educación, Formación Profesional e Innovación, Manuel Corredoira en representación da Xunta de Galicia, e que foi o responsable de dicir unhas palabras en nome de todos os premiados. Case vinte entidades e institucións viron recoñecidos o traballo desenvolvido polos docentes e membros das comunidades educativas na tarefa de achegar unha maior calidade ao sistema educativo. O evento que tiña como obxectivo dar visibilidade a algunhas das actuacións realizadas no Programa de Aprendizaxe, céntrase no novo programa Erasmus no ámbito da educación e a formación.

Programas de Aprendizaxe Permanente

Cómpre destacar que a Consellería de Cultura e Educación recibiu o premio polo seu labor a través de Programas de Aprendizaxe Permanente (PAP) como poden ser os Comenius; Erasmus; Leonardo; Grundtvig; o Programa transversal ou o ETwinning, dirixidos ao alumnado e profesorado de todos os niveis educativos.

Máis recentemente a Consellería, a través dos PAP, promoveu o desenvolvemento do xogo interactivo en 3D ‘Arbax’ para a loita contra o acoso no ámbito escolar da Unión Europea, e  que contou co apoio de entidades educativas de Irlanda, Finlandia, e Romanía.

Os PAP contribúen á creación dunha sociedade do coñecemento avanzada, con máis e mellores posibilidades de emprego e maior cohesión social. Teñen como obxectivo facilitar o intercambio, a cooperación e a mobilidade entre os sistemas de educación e de formación dos países europeos participantes no programa, de xeito que se converta nunha referencia de calidade no mundo. Ditas accións favorecen a mellora das competencias profesionais do alumnado e os docentes, e a inserción laboral, aumentando a transparencia e compatibilidade entre os estudos de educación superior en toda Europa, exemplo a través dos créditos ECTS-. Do mesmo xeito tamén promoven a aprendizaxe ao longo da vida, ferramenta fundamental para as sociedades do coñecemento avanzadas.

Comenius [2]
Erasmus [3]
Grundtvig [4]
Leonardo da Vinci [5]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [6]
Dirección Xeral de Formación Profesional [7]
Profesorado [8]
Alumnado [9]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/11559

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/11559
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/287
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/288
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/289
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/290
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/8
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado