Publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais nas especialidades de Alemán, Sistemas Electrónicos, Sistemas Electrotécnicos e Automáticos e Mecanizado e Mantemento de Máquinas [1]
Enviado por administrador a Xov, 02/01/2014 - 11:10
Gallego
Xúntase o Anuncio do 20 de decembro de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais en diversas especialidades abertas polo Anuncio do 30 de setembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 17 de outubro).
- Contra estas puntuacións provisionais e relación de excluídos provisionais poderá interpoñerse reclamación no prazo de dez días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.