Resolución definitiva de centros participantes no programa STEMbach 2026/27

Logo stembach
Gallego

Achégase a Resolución definitiva de centros participantes ao abeiro da Resolución do 7 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula o bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), para o curso 2026/27.

 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución do 18 de xuño de 2026 pola que se convoca un posto de persoal directivo para a súa cobertura (xerente da Fundación Pública Galega de Talento Investigador de Alto Nivel Galtia)

Gallego

Centros candidatos para participar no ANO II: Fase Interautonómica e Fase Internacional, para o curso escolar 2026/27

Gallego

Colectivo: 

Relación provisional de admitidos e excluidos na proba específica e na proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao medio de ensinanzas deportivas

Gallego

Tema: 

Colectivo: 

Publicación da relación definitiva de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, admitidas e excluídas para o curso académico 2026/27

Gallego

Xúntase a Resolución do 26 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se fai pública a relación definitiva de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, admitidas e excluídas de conformidade coa Orde do 15 de abril de 2019, código de procedemento ED010A (DOG nº 82, do 30 de abril).

De conformidade co artigo 11 da Orde do 15 de abril de 2019, contra esta resolución definitiva, as persoas interesadas poderán formular recurso de reposición, no prazo comprendido entre o día 29 de xuño de 2026 e o día de 28 de xullo de 2026, ambos os dous incluídos, por medios electrónicos, mediante o trámite Recurso de reposición activado no procedemento normalizado ED010A do seguinte xeito:

 

1.- Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal

2- Autenticarse co seu usuario e contrasinal de Chave 365 ou contrasinal se emprega certificado electrónico.

3.-Localizar o ÚLTIMO expediente presentado na sede correspondente á solicitude de comisión de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, (código de procedemento ED010A) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Recurso de reposición”.

IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS NESTE PROCEDEMENTO, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER A ÚLTIMA SOLICITUDE PRESENTADA (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED010A). Non se tramitarán os recursos formulados en solicitudes que non sexan á última presentada neste procedemento en sede electrónica.

4- Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”.

 

O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse tanto o recurso asinado como o recibo de presentación deste.

 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución definitiva da convocatoria de axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2025/26

biblio
Gallego

Xúntase arquivo coa Resolución do 25 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se resolve a convocatoria de axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2025/26.

 

Colectivo: 

Sección: 

Webinario de presentación dos novos recursos cREAgal para 2.º e 3.º de ESO

cREAgal
Gallego

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa presenta os novos recursos educativos abertos (REA) de cREAgal para 2.º e 3.º de ESO.
Estes materiais, elaborados por profesorado galego e adaptados ao currículo de Galicia, súmanse aos xa publicados para primaria e secundaria, superando os 200 REA.Todos os recursos poden utilizarse, modificarse e compartirse libremente baixo licenza CC BY-NC-SA.
Para coñecer as características e posibilidades destes novos materiais, convidamos o profesorado a participar nun webinario de presentación que terá lugar os días 25 e 26 de xuño.
Horario:

  • 25 de xuño - 11:00
  • 26 de xuño - 11:00

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: 

Publicada a Resolución do 23 de xuño de 2026 pola que se fai pública a relación de proxectos premiados no concurso Atrévete a ter unha idea 2025/2026

Gallego

Publicada a Resolución do 20 de xuño de 2025 pola que se fai pública a relación de proxectos premiados no concurso Atrévete a ter unha idea 2024/2025.

 

Colectivo: 

Designación do tribunal que analizará e valorará as solicitudes dos/as aspirantes aos premios extraordinarios de ensinanzas artísticas profesionais, correspondentes ao curso 2025/26

Gallego

Xúntase a Designación do 23 de xuño de 2026 do tribunal que analizará e valorará as solicitudes dos/as aspirantes aos premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2025/26.

 

Colectivo: 

Concesión do Selo Biblioteca Escolar Solidaria e selección de experiencias de Voluntariado na biblioteca escolar Primaria de centros integrados no programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS no curso 2025/26

Gallego

Xúntase a Resolución da convocatoria pola que se conceden os cinco Selos de Biblioteca Escolar Solidaria e  se seleccionan as dez experiencias premiadas na modalidade de Voluntariado na biblioteca escolar Primaria de centros integrados no programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS no curso 2025/26.

Esta é unha iniciativa integrada no Plan LIA 2021-2025 de Bibliotecas Escolares, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional  (Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa) en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude (Dirección Xeral de Xuventude).