Convócase o IV Premio ConVivimos 2026 de convivencia e benestar emocional para os centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional durante o curso escolar 2025/26.
Os centros docentes poderán participar en dúas categorías:
Categoría A: destinada a educación infantil e educación primaria.
Categoría B: destinada a educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial.
Concederanse, para cada categoría, catro premios:
|
Categorías
|
Premio
|
Importe
|
|
A
|
1º premio
|
5.000€
|
|
2º premio
|
2.500€
|
|
3º premio
|
1.000€
|
|
Mención de honra
|
500 €
|
|
B
|
1º premio
|
5.000€
|
|
2º premio
|
2.500€
|
|
3º premio
|
1.000€
|
|
Mención de honra
|
500 €
|
Cada centro docente poderá presentar unha soa solicitude, na que se recollerán, nunha memoria descritiva, o conxunto de actuacións levadas a cabo polo centro en materia de convivencia e benestar emocional.
O prazo de presentación das solicitudes será contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, ata o 30 de setembro de 2026 (incluído).