Publicación das relacións definitivas de persoal docente obrigado a participar curso 2026/27
Enviado por administrador a Xov, 23/07/2026 - 10:07Xúntase Resolución do 23 de xullo de 2026 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se fan públicas as relacións definitivas de persoal que ten a obriga de participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais 2026/2027.
Prazo de recurso:
O prazo para formular recurso é dun (1) mes contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio (do 24 de xullo ao 24 de agosto de 2026, ambos incluídos).
Para aquelas persoas que presentaron na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) unha solicitude no procedemento ED002B, para formular o recurso de reposición deberán acceder ao dito procedemento e seleccionar o trámite "recurso de reposición" e en asunto sinalar Resolución definitiva do 23 de xullo de 2026.
Para aquelas persoas que nunca presentaron na sede electrónica da Xunta de Galicia unha solicitude no procedemento ED002B, para formular o recurso de reposición deberán acceder a dita sede electrónica (https://sede.xunta.gal), a través do procedemento PR004A e no dito formulario da solicitude debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:
a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECLAMACIÓN RESOLUCIÓN definitiva DO 23 DE XULLO DE 2026 PRIMARIA OU SECUNDARIA (segundo corresponda)
b) No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
Colectivo: