Relación de escolas de arte e superiores de deseño autorizadas para impartir ciclos formativos plurilingües PluriArt26/27

Gallego

Xúntase a RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se fai pública a relación de escolas de arte e superiores de deseño autorizadas para impartir ciclos formativos plurilingües (PluriArt), así como os ciclos formativos autorizados, para o curso 2026/27.

 

Tema: 

Sección: 

Formación Profesional. Adxudicación de prazas. Curso 2026-2027

Gallego

Publicación da resolución da 3ª adxudicación de prazas en formación profesional para o curso 2026-2027.

  • Oferta ordinaria.
  • Oferta modular.

As persoas con praza adxudicada deberán matricularse ou, no seu caso, renunciar antes das 13:00 horas do día 29 de xullo. 

 

Tema: 

Prevista publicación no DOG pola que se adxudican as axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema galego de I+D+i

Gallego

PREVISTA PUBLICACIÓN NO DOG DA RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2026 da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional pola que se adxudican as axudas da Orde do 17 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (códigos de procedemento ED481B e IN606B) PARA O DÍA 04/08/2026.

 

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: 

Prevista publicación no DOG pola que se adxudican as axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema galego de I+D+i

Gallego

PREVISTA PUBLICACIÓN NO DOG DA RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2026, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, pola que se adxudican as axudas da Orde do 19 de decembro de 2025, que estableceu as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i e procedeu á súa convocatoria para o exercicio 2026 (códigos de procedemento ED481A e IN606A) PARA O DÍA 04/08/2026.

 

 

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: 

Publicación da Resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal de corpos docentes non universitarios para o curso académico 2026/27 (código de procedemento ED002B)

Gallego

De acordo co establecido no punto cuarto da Resolución do 9 de xuño de 2026 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia nº 113, do 18 de xuño), publícase a resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal de corpos docentes non universitarios para o curso académico 2026/27.

O prazo para formular reclamacións ou renuncias comprende desde o día 27 de xullo ata o 28 de xullo de 2026, ambos incluídos.

RECLAMACIÓNS:

Reclamacións á adxudicación provisional do concurso de destinos provisionais para o corpo de mestres e os corpos de secundaria

As reclamacións deberán formularse, en todo caso, por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible en https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED002B). Para iso, deberá seguirse o seguinte procedemento:

  1. Acceder á Sede electrónica da Xunta de Galicia e identifíquese mediante Chave 365 ou certificado dixital.

  2. Localizar o ÚLTIMO EXPEDIENTE correspondente a súa solicitude de participación no concurso de destinos provisionais (ED002B) e prema no botón Acción: Alegacións.

AVISO: se a solicitude foi recuperada de convocatorias anteriores ou non se completou correctamente a presentación na sede, e por iso non é posible realizar accións sobre o expediente, deberá empregarse a solicitude xenérica PR004A, dispoñible na sede, para formular as alegacións. Neste caso, no campo "Expón" da solicitude deberá indicarse: RECLAMACIÓN CADP MESTRES ou RECLAMACIÓN CADP SECUNDARIA, segundo corresponda.

  1. Cubrir o formulario, asinalo e finalizar a presentación na sede seguindo os pasos indicados.

  2. Descargar o recibo electrónico de presentación da reclamación.

AVISO: o trámite estará dispoñible a partir do luns 27 de xullo de 2026.

 

RENUNCIAS:

Renuncias á adxudicación provisional do concurso de destinos provisionais para o corpo de mestres e os corpos de secundaria.

A) Persoal interino e substituto:

As renuncias á resolución provisional do concurso realizaranse unicamente a través da aplicación web http://edu.xunta.es/cadp, sen necesidade de presentalas na sede electrónica da Xunta de Galicia. Esta opción está reservada exclusivamente ao persoal funcionario interino e substituto.

Para renunciar deberá proceder do seguinte xeito:

  1. Acceder á aplicación web https://www.edu.xunta.gal/cadp e identificarse mediante Chave365 ou certificado dixital, segundo corresponda.
  2. Ir ao menú Instancias e indicar aquelas ás que se renuncia (columna "Accións").
  3. Descargar o comprobante da renuncia ou renuncias presentadas (non é necesario presentar este comprobante).

Se se renuncia a todas as especialidades, a aplicación solicitará, na última especialidade á que se renuncie, que se indique a causa e se achegue a documentación xustificativa. Só se permite adxuntar un arquivo, polo que, no caso de necesitar achegar máis dun, deberán agruparse todos nun ficheiro comprimido antes de subilo á aplicación.

Cando se renuncie a todas as listas, será necesario, ademais, remitir a documentación xustificativa escaneada aos seguintes enderezos electrónicos:

persoal.primaria@edu.xunta.gal: para o corpos de mestres

persoal.secundaria@edu.xunta.gal: para os corpos de secundaria e outros

B) Outros colectivos

Deberá empregarse o formulario de solicitude xenérica PR004 para renunciar á adxudicación dunha comisión de servizos ou a unha solicitude formulada pola modalidade ordinaria, unicamente para os colectivos con destino definitivo (persoal docente de conservatorio, de EOI ou de Agraria). O procedemento é o seguinte:

  1. Acceder á Sede electrónica da Xunta de Galicia e identificarse mediante Chave365 ou certificado dixital.
  2. Cubrir o formulario de solicitude xenérica PR004, indicando no campo "Expón": RENUNCIA CADP MESTRES ou RENUNCIA CADP SECUNDARIA, segundo corresponda.
  3. Asinar e finalizar a presentación na sede seguindo os pasos indicados.
  4. Descargar o recibo electrónico de presentación.
  5. No caso de participar por máis dunha modalidade (ordinaria máis comisión por saúde ou conciliación) e desexar renunciar a ambas, deberá presentarse unha renuncia independente para cada unha. Se só se renuncia a unha delas, esta non poderá corresponder á solicitude formulada pola modalidade ordinaria, no caso do persoal funcionario de carreira ou en prácticas que non teña destino definitivo.

AVISO: o trámite estará dispoñible a partir do luns 27 de xullo de 2026.

 

Colectivo: 

Resolución provisional de candidaturas admitidas e excluídas ao posto de xerencia da Fundación GALTIA

Gallego

Adxudicación das bolsas para estadías no estranxeiro para os ciclos superiores de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía e de Iluminación, Captación e Tratamento de Imaxe

Gallego

Xúntase a adxudicación das bolsas para estadías no estranxeiro dirixidas ao alumnado dos centros educativos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que cursan o ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía ou o ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Iluminación, Captación e Tratamento de Imaxe.

 

Tema: 

Colectivo: 

Cualificacións definitivas da proba específica de acceso ao ciclo de grao medio nas ensinanzas deportivas de réxime especial. Curso 2026-2027

Gallego

Cualificacións definitivas da proba específica de acceso ao ciclo de grao medio nas ensinanzas deportivas de réxime especial de: fútbol en Culleredo; fútbol e balonmán en Pontevedra; fútbol sala en Ourense; atletismo en Moaña; vela e baloncesto en Vilagarcía de Arousa. Curso 2026-2027
 

Tema: 

Colectivo: 

Listaxe provisional de centros e ensinanzas de formación profesional plurilingües para o curso 2026-2027

Gallego

Publícase a listaxe provisional de centros e ensinanzas de formación profesional plurilingües para o curso 2026-2027.

Continuidade da Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP para o curso 2026/2027

Gallego

Publicada a Resolución do 21 de xullo de 2026, mediante a cal se dá continuidade á Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP para o curso académico 2026-2027.

Colectivo: