Convocatoria dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2024/25

Gallego

Xúntase a Orde do 26 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2024/25 (código de procedemento ED311B).

  • O prazo de presentación de solicitudes será 11 de xullo a 10 de agosto de 2026

 

Colectivo: 

Sección: 

Apertura do prazo extraordinario de solicitude de comisións de servizo en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde e por causas sobrevidas para o curso académico 2026/27

Gallego

A Orde do 28 de febreiro de 2020 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da persoa interesada, do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación en centros dependentes desta consellería en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde (código de procedemento ED010B) establece no seu artigo 17 o seguinte:

 

Artigo 17. Causas sobrevidas

Os casos que poidan xurdir por causa sobrevida fóra do prazo de presentación de solicitudes establecido na presente orde e con anterioridade á adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o curso académico dirixiranse ás xefaturas territoriais correspondentes no prazo de presentación de solicitudes extraordinario que se publicará na páxina web www.edu.xunta.gal.

 

Consonte ao establecido no dito artigo:

  • Abrirase un prazo de presentación de solicitudes que abranguerá desde o luns día 13 de xullo ata o martes día 14 de xullo de 2026, ambos incluídos.
  • Para formular unha solicitude de comisións de servizos por razóns de saúde para situacións de causas sobrevidas deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED010B.

 

Colectivo: 

Sección: 

Cualificacións definitivas das persoas inscritas na proba que substitúe o requisito de titulación para o grao medio nas ensinanzas deportivas. Curso 2026/27

Gallego

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución pola que se convocan licenzas por formación non retribuídas para o curso académico 2026/27 destinadas ao funcionariado docente non universitario

Gallego

Achégase a RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2026 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convocan licenzas por formación non retribuídas para o curso académico 2026/27 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as bases de concesión. 

  • O prazo de presentación das solicitudes comezará o día seguinte da publicación desta resolución e rematará o día 24 de xullo de 2026, inclusive.

 

Colectivo: 

Sección: 

Proposta de concesión das Axudas de apoio a etapa de formación posdoutoral 2026

Gallego

Esta proposta de concesión das Axudas de apoio a etapa de formación posdoutoral para o ano 2026, publicase a efectos informativos e non ten efectos xurídicos nin serve para iniciar o prazo de recursos.

 

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Resolución da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que convocan os Premios en Innovación Educativa "Innovagal" para o ano 2026

Programa_inovación
Gallego

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a Resolución do 7 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se convocan os premios educativos Innovagal para os centros docentes públicos da comunidade autónoma de Galicia para o ano 2026.
O proceso de solicitude realizarase unicamente mediante a aplicación de Programas Educativos (https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos/).
O prazo de solicitude estará aberto dende o día seguinte ao desta publicación no Portal Educativo ata o 15 de outubro.

 

Colectivo: 

Autorización da posta en marcha de seccións bilingües en conservatorios da Comunidade Autónoma de Galicia

Gallego

Xúntase a Orde do 1 de xullo de 2026 pola que se autoriza a posta en marcha, con carácter experimental, de seccións bilingües en determinados conservatorios da Comunidade Autónoma de Galicia

 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Convocatoria e selección de centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduFrance 26/27

Galemundo
Gallego

Resolución do 8 de xullo de 2026 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula a convocatoria para a selección de centros públicos de ensino non universitario da comunidade autónoma de Galicia para participar no programa EduFrance de intercambio de alumnado con centros educativos dependentes das Régions Académiques Hauts-de-France e Bretagne durante o curso escolar 2026/2027.

 

Colectivo: 

Relación definitiva de novas seccións bilingües admitidas en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2026/27

SeccionsBilingues
Gallego

Xúntase a Relación definitiva de seccións bilingües admitidas da convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2026/2027.

 

Colectivo: 

Sección: 

Plan anual de capacitación do profesorado de Formación Profesional para o curso 2026-27

Logo capacitacion do profesorado
Gallego

Xúntase o Plan de capacitación do profesorado de formación profesional e réxime especial para o curso 2026-27.

 

Colectivo: