Xesús Vázquez Abad presenta a base de datos terminolóxica 'Busca Termos'

Lun, 01/10/2012 - 12:39
Xesús Vázquez Abad na presentación da base de datos terminolóxica 'Busca Termos'
Xesús Vázquez Abad na presentación da base de datos terminolóxica 'Busca Termos'

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou esta mañá a base de datos terminolóxica 'Busca Termos'.

A Consellería, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora coa USC para poñer unha das principais ferramentas terminolóxicas a disposición de toda a cidadanía. É dunha base de datos en liña da Universidade de Santiago (USC) de terminoloxía técnica multilingüe (fundamentalmente castelán, inglés e portugués e tamén outras, como catalán ou italiano) formada a partir da compilación, do tratamento e da reelaboración de dicionarios, glosarios e vocabularios técnicos que teñen o galego entre as súas linguas de traballo.