Resolución do 25 de setembro de 2026 das listaxes coas puntuacións definitivas nas prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña e Ourense para o curso 2026/27 nos que se abriu o período extraordinario.

Ven, 25/09/2026 - 13:18

Resolución do 25 de setembro de 2026 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publican a listaxes coas puntuacións definitivas de todos as persoas solicitantes admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios  socioeconómicos) e a puntuación  total por orde descendente; a relación definitiva de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión, correspondentes ao período extraordinario nos CRD da Coruña e Ourense, de acordo co previsto nos artigos 34 e 35 da Orde do 20 de maio de 2026 pola que se convocan prazas de residencia nos CRD da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2026/27 (DOG núm. 114, do 19 de xuño).

As persoas solicitantes poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Prazo para interpoñer o recurso: 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución na páxina web da consellería competente en materia de educación e nos taboleiros de anuncios e/ou páxinas web dos centros residenciais.  (entre o 28 de setembro e o 2 de outubro de 2026, ambos incluídos).