Convocatoria do curso de formación para desenvolver a función directiva nos centros no ano 2026

Xov, 24/09/2026 - 21:00

Achégase a Resolución do 24 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o curso de formación para desenvolver a función directiva nos centros no ano 2026 que acredita para o acceso a postos de dirección en centros docentes públicos que impartan as ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, de Educación.

  • O profesorado interesado en participar na convocatoria deberá realizar a inscrición na aplicación Fprofe: https://www.edu.xunta.es/fprofe, (código da actividade G2601164) a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria e cun prazo de 10 días hábiles: do 25 de setembro de 2026 ao 8 de outubro de 2026, ambos inclusive.