Convocatoria de programas do Plan Eduemprende 2026/27

Ven, 18/09/2026 - 13:10

Publicada a Resolución do 18 de setembro de 2026 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se regula o Plan Eduemprende e se establecen as bases para a participación dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional durante o curso 2026-2027.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 19 de setembro ata o 18 de outubro de 2026, ambos os dous incluídos.