Título node Learning object
Summer Undergraduate Fellowship Program
Mér, 16/09/2026 - 14:32
A Fundación Barrié anuncia a convocatoria do 2027 Summer Undergraduate Fellowship Program, un programa de estancias de investigación internacional durante o verán dirixido a estudantes universitarios galegos na área das Ciencias da Vida.
A convocatoria ten por obxecto a concesión de 15 bolsas para a realización de prácticas de laboratorio durante 9 semanas, entre o 21 de xuño e o 20 de agosto de 2027 en centros de Reino Unido e Estados Unidos.
O prazo de presentación das candidaturas está aberta do 4 de setembro ao 20 de outubro de 2026 a través da seguinte ligazón: https://bolsas.fundacionbarrie.org/universitarios/