Resolución provisional de centros públicos de ensino non universitario de Galicia para participar no programa EduFrance no curso 2026/27
Mar, 15/09/2026 - 12:48
Publícase a resolución provisional da selección de centros beneficiarios e excluídos para participar no programa EduFrance de intercambio de alumnado con centros educativos dependentes das Régions Académiques Hauts-de-France e Bretagne durante o curso escolar 2026/2027.
Ábrese un prazo de 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da súa publicación para efectuar reclamacións ou renuncias ante a Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa.