Convocatoria do I premio Boas prácticas de benestar dixital 2026

Lun, 07/09/2026 - 10:47
Convivencia

Resolución do 31 de agosto de 2026 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se convoca o I premio Boas prácticas de benestar dixital 2026 para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2025/26.

A Consellería de Educación Ciencia, Universidades e Formación Profesional , vén de convocar a primeira edición do premio Boas prácticas de benestar dixital O galardón vai dirixido aos centros docentes públicos dependentes desta consellería e está dotado dunha contía total de 30.000 euros.

Este galardón nace co obxecto de recoñecer aquelas actuacións e proxectos de carácter individual e/ou colectivo que implicaran un alto grao de compromiso co desenvolvemento de contornas dixitais seguras onde a tecnoloxía se utilice de forma responsable, ética e sen riscos para a integridade física, emocional e/ou legal.Este premio enmárcase do Plan Integral de Benestar Dixital estando financiado polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes a través do Programa de Bienestar Emocional en el ámbito educativo.

Os centros docentes poderán participar en dúas categorías:

Categoría A: destinada a educación infantil e educación primaria.

Categoría B: destinada a educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial.

 

Concederase para cada categoría, catro premios:

Categorías

Premio

Importe

A

1º premio

8.000€

2º premio

4.000€

3º premio

2.000€

Mención de honra

1.000 €

B

1º premio

8.000€

2º premio

4.000€

3º premio

2.000€

Mención de honra

1.000 €

 

 

O prazo de presentación de solicitudes e documentación abrangue desde o día seguinte ao da publicación desta resolución na web da consellería (http://www.edu.xunta.gal/portal/) ata o 7 de outubro de 2026.