Convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2025/26 en centros públicos de Galicia

Mar, 01/09/2026 - 11:54

Xúntase a Orde do 15 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2025/26 en centros públicos de Galicia (código de procedemento ED311G).

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación.
  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, xa que as persoas solicitantes teñen capacidade suficiente e acceso a estes medios, a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).