Resolución do 20 de agosto de 2026 coas listaxes coas puntuacións provisionais nas prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2026/27

Xov, 20/08/2026 - 09:19

Resolución do 20 de agosto de 2026 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publican as listaxes coas puntuacións provisionais de todas as persoas solicitantes admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a puntuación total por orde descendente; a relación provisional de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión, de acordo co previsto no artigo 32 da Orde do 20 de maio de 2026 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2025/26 (DOG núm. 114, do 19 de xuño). 

As persoas solicitantes poderán formular reclamación ante a comisión de valoración no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución na páxina web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. 

Prazo para presentar reclamación: 5 días hábiles (entre os días 21 e 27 de agosto de 2026, ambos incluídos), que deberán dirixirse ao respectivo centro residencial docente.