Apertura do prazo extraordinario de solicitude de comisións de servizo en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde e por causas sobrevidas para o curso académico 2026/27
A Orde do 28 de febreiro de 2020 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da persoa interesada, do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación en centros dependentes desta consellería en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde (código de procedemento ED010B) establece no seu artigo 17 o seguinte:
Artigo 17. Causas sobrevidas
Os casos que poidan xurdir por causa sobrevida fóra do prazo de presentación de solicitudes establecido na presente orde e con anterioridade á adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o curso académico dirixiranse ás xefaturas territoriais correspondentes no prazo de presentación de solicitudes extraordinario que se publicará na páxina web www.edu.xunta.gal.
Consonte ao establecido no dito artigo:
- Abrirase un prazo de presentación de solicitudes que abranguerá desde o luns día 13 de xullo ata o martes día 14 de xullo de 2026, ambos incluídos.
- Para formular unha solicitude de comisións de servizos por razóns de saúde para situacións de causas sobrevidas deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED010B.
Resolución do 19 de xuño de 2026
Anexo I: Relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas (Mestres)
Anexo II: Relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas (Secundaria e outros)
Anexo III: Relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas (Relixión)
Resolución do 10 de xullo de 2026 - Definitiva saúde
Anexo I - Relación definitiva de solicitudes admitidas e excluídas (mestres)
Anexo II - Relación definitiva de solicitudes admitidas e excluídas (secundaria)
Anexo III - Relación definitiva de solicitudes admitidas e excluídas (relixión)
Relación de solicitudes por causas sobrevidas admitidas e excluídas (primaria)
Relación de solicitudes por causas sobrevidas admitidas e excluídas (secundaria)
Relación de solicitudes por causas sobrevidas admitidas e excluídas (relixión)