Webinario de presentación dos novos recursos cREAgal para 2.º e 3.º de ESO

Xov, 25/06/2026 - 09:36
cREAgal

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa presenta os novos recursos educativos abertos (REA) de cREAgal para 2.º e 3.º de ESO.
Estes materiais, elaborados por profesorado galego e adaptados ao currículo de Galicia, súmanse aos xa publicados para primaria e secundaria, superando os 200 REA.Todos os recursos poden utilizarse, modificarse e compartirse libremente baixo licenza CC BY-NC-SA.
Para coñecer as características e posibilidades destes novos materiais, convidamos o profesorado a participar nun webinario de presentación que terá lugar os días 25 e 26 de xuño.
Horario:

  • 25 de xuño - 11:00
  • 26 de xuño - 11:00