Matrícula no programa That's English! nas escolas oficiais de idiomas para o curso 2026/27
Lun, 22/06/2026 - 11:00
Achégase a Instrución 3/2026 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se regulan as ensinanzas de inglés na modalidade de educación a distancia That’s English! nas escolas oficiais de idiomas para o curso 2026/27.
Prazos de matrícula alumnado That’s English!:
- Do 29 de xuño ao 10 de xullo de 2026, para o alumnado apto matriculado nesta modalidade no curso 2025/26, que desexe continuar os seus estudos no curso 2026/27.
- Do 1 de setembro ao 30 de setembro de 2026, para o resto do alumnado.