Título node Learning object

Concurso de proxectos #EuropaSeSiente
Lun, 08/06/2026 - 14:35
Europa se siente

 

A Secretaría Xeral de Fondos Europeos do Ministerio de Facenda organiza un ano máis o concurso anual de proxectos de Fondos Europeos, co fin de dar visibilidade e incrementar a concienciación dos cidadáns sobre os resultados e o valor engadido do apoio dos fondos europeos en España.

O concurso ten o obxectivo de seleccionar, premiar, comunicar e difundir proxectos que recibisen financiamento por parte de fondos europeos e estruturarase en tres fases:

 

  • Selección técnica: selección de proxectos por parte do equipo de comunicación da SGFE 
  • Votación popular online: 48 proxectos semifinalistas deberán achegar un vídeo curto dunha duración máxima de 3 minutos onde se explique o proxecto, o seu impacto e o valor engadido do financiamento europeo.
  • Presentación do proxecto:  os tres finalistas por categoría dispoñerá de 5 minutos para unha presentación en castelán sobre o seu proxecto, que utilizará algún dos formatos estandarizados de presentación recollidos na base Sexta das bases do concurso.

As solicitudes deberán presentarse a través do seguinte formulario antes das 23:59h do 12 de xuño de 2026.

Para máis información, acurdir á o documento adxunto ou á seguinte ligazón.