Convocatoria dos premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2025/26

Ven, 05/06/2026 - 12:38

Xúntase a Orde do 19 de maio de 2026 pola que se convocan os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza, e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2025/26 (código de procedemento ED311F).

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de xullo de 2026.