Convocatoria para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE, durante o curso 2026/27

Mar, 02/06/2026 - 11:48
cuale

Resolución do 21 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se publica a convocatoria para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE, durante o curso 2026/27.

Prazo de solicitudes:   a partir do día seguinte da publicación do anuncio da presente resolución no DOG e remata o día 25 de xuño de 2026.

Solicitudes:    a través do enlace  www.edu.xunta.gal/programaseducativos  no programa correspondente CUALE 2026/2027.