Convocatoria de acreditación de guías escolares e de retos STEM vinculados á eclipse solar total de agosto de 2026 (Polos Eclipsados) nos centros docentes sostidos con fondos públicos que conten cun Polo Creativo

Ven, 08/05/2026 - 12:00

Xúntase a Resolución do 08 de maio de 2026 da Secretaría Xeral Técnica pola que se regula a convocatoria de acreditación de guías escolares e de retos STEM vinculados á eclipse solar total de agosto de 2026 (Polos Eclipsados) nos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que conten cun Polo creativo, en dúas modalidades de participación:

  • Guía escolar da eclipse 2026
  • Retos STEM

O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día 09 de maio de 2026 ata o día 29 de maio de 2026. Toda a información sobre as actividades, a recollida de evidencias e a posta a disposición das mesmas, así como os formularios de inscrición e información complementaria está dispoñible na aula virtual (https://centros.edu.xunta.gal/poloscreativos/course/view.php?id=11 )