Convocatoria e instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2026/27
Xúntase a Resolución do 24 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2026/27.
O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día 8 de maio de 2026 ata o día 12 de xuño de 2026, para os ciclos formativos de grao medio e de grao superior.
- A tramitación para ciclos formativos de grao superior e a publicación de listaxes xeradas en relación con este procedemento farase a través desta aplicación informática: https://www.edu.xunta.gal/eas/
- A tramitación para ciclos formativos de grao medio farase a través das páxinas web dos diferentes centros educativos que facilitarán o acceso á aplicación para realizar solicitudes. (consultar a guía de acceso)
Resolución do 24 de abril de 2026 (DOG)
Corrección de erros. Resolución do 24 de abril de 2026 (DOG)
Guía para a inscrición no procedemento de aceso e admisión nas ensinanzas artísticas profesionais para o curso 2026/27
Oferta de prazas das Ensinanzas Artísticas Profesionais para o curso 2025/26
Oferta de prazas das ensinanzas artísticas profesionais para o curso 2025/26 de artes plásticas e deseño nos Centros Autorizados