Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións do corpo de profesores de relixión católica no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato (702400)
Xov, 07/05/2026 - 13:08
Xúntase a Resolución do 6 de maio de 2026 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato (702400), nos centros docentes públicos que dependen desta consellería (código de procedemento ED003A).
- As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" incluido no procedemento normalizado ED003A
- Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
- Achégase resolución definitiva, baremo definitivo e a relación definitiva de persoas excluídas