Título node Learning object

A muller na enxeñaría CITEEC 2026.
Lun, 04/05/2026 - 12:58
Cartel

O Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (de aquí en diante CITEEC) convoca o primeiro Concurso de Cómics con motivo do Día Internacional da Muller na Enxeñaría, que se celebra o 23 de xuño.

Trátase dunha actividade que:

  • Quere visibilizar a vida e o traballo das mulleres enxeñeiras e tecnólogas, recoñecendo o seu labor e o seu impacto na sociedade.
  •  Pretende tamén contribuír á redución da fenda de xénero nos ámbitos STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas), eliminando prexuízos e estereotipos.
  •  Ao mesmo tempo, pon en valor o papel do cómic como ferramenta de divulgación para todas as idades.

Poderá presentarse a este concurso calquera estudante dos centros escolares da Comunidade Autónoma de Galicia:

  • Modalidade A: Primaria
  • Modalidade B: Secundaria

As obras remitiranse por correo electrónico a citeec@udc.gal, como arquivo adxunto. Se o cómic pesa demasiado para ser enviado por correo, enviarase mediante unha ligazón á plataforma de transferencia de arquivos WeTransfer, cunha ligazón de descarga cunha data de caducidade mínima de 7 días (ou outra plataforma similar).

Para máis información acudir ao documento adxunto.