A Xunta outorga o selo de excelencia aos graos en Farmacia da USC e en Enxeñaría da Enerxía da UVIGO
Elévanse xa a 19 as titulacións, entre graos e máster, con esta distinción nas tres universidades públicas que destacan polo seu nivel académico, científico e técnico
O selo supón un financiamento extraordinario de ata de 360.000€ ao longo dos seis cursos académicos de vixencia, cunha achega de 60.000€ por ano
A Xunta de Galicia outorga o selo de excelencia aos graos en Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela e en Enxeñaría da Enerxía da Universidade de Vigo. Deste xeito, elévanse xa a 19 as titulacións entre graos e mestrados con esta distinción no Sistema Universitario de Galicia.
Este recoñecemento, impulsado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, ten como obxectivo recoñecer as titulacións que destacan polo seu elevado nivel académico, científico e técnico, así como pola súa capacidade de adaptación ás demandas actuais da sociedade. O selo implica un financiamento extraordinario de 60.000€ anuais, o que supón un investimento total de 360.000€ ao longo dos seis cursos que ten de vixencia, con seguimentos anuais e posibilidade de renovación.
Os selos de grao e máster de excelencia enmárcanse nas políticas do Goberno galego en prol da excelencia das universidades públicas, promovendo innovación docente e as accións que contribúan a aliñar a oferta formativa coas tendencias internacionais.
Titulacións distinguidas
Neste momento contan co recoñecemento de selo de excelencia, ademais de Farmacia e Enxeñaría da Enerxía, os graos en Enxeñaría Informática e Fisioterapia da Universidade da Coruña e o grao en Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela.
Ademais, foron distinguidos coa mención de excelencia os seguintes 14 máster:
|
MÁSTER |
UNIVERSIDADE |
REPARTO POR CAMPUS |
|
Máster en Enxeñería Informática |
UDC |
Campus da Coruña (Facultade de Informática) |
|
Máster en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética |
UDC |
Campus da Coruña (Facultade de Ciencias) |
|
Máster en Enxeñería |
USC |
Campus de Santiago (Escola |
|
Máster en Bioinformática para Ciencias da Saúde |
UDC |
Campus da Coruña (Facultade de Informática) |
|
Máster en Biotecnoloxía Avanzada |
UDC |
Campus da Coruña (Facultade de Ciencias) |
|
Máster en Tradución para |
UVigo |
Campus de Vigo (Facultade de |
|
Máster en Matemática Industrial (interuniversitario) |
UDC |
Campus da Coruña (Facultade de Informática) |
|
Máster en Computación de Altas Prestacións (interuniversitario) |
UDC |
Campus da Coruña (Facultade de Informática) |
|
Máster en Produción Xornalística e Audiovisual |
UDC |
Campus da Coruña (Facultade de Ciencias da Comunicación) |
|
Máster en Enxeñaría |
USC |
Campus de Santiago (Escola |
|
Máster en Química Orgánica (interuniversitario) |
USC |
Campus de Santiago (Facultade de Química) |
|
Máster en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental |
UDC |
Campus da Coruña (Facultade de Ciencias) |
|
Máster en Dirección e |
UDC |
Campus da Coruña (Facultade |
|
Máster en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento |
USC |
Campus de Santiago (Facultade de Física) |