Alumnos do Infanta Elena de Monforte de Lemos proclámanse gañadores do IV Campionato Barista de Centros de Educación Especial

Mér, 29/04/2026 - 11:14
Alumnado premiado posando cos mandilóns

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, participou hoxe na entrega de premios do IV Campionato Barista de Colexios de Educación Especial, no que alumnos do Centro de Educación Especial Infanta Elena (Monforte de Lemos) resultaron gañadores. A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP felicitou a todos os participantes polo seu traballo, así como ao profesorado pola súa implicación para que os alumnos acaden o seu maior desenvolvemento académico e persoal.

O concurso, organizado polo Centro de Educación Especial Manuel López Navalón (Santiago de Compostela) coa colaboración do Instituto de Foz, contou coa participación deste centro e dos CEE María Mariño (A Coruña), Terra de Ferrol (Ferrol), Infanta Elena (Monforte de Lemos), Panxón (Nigrán), Saladino Cortizo (Vigo), ACEESCA (Porriño) e do Centro Integrado Burlada (Navarra). Trátase dun campionato práctico no que os alumnos realizan distintas elaboracións de café. A maiores, desenvólvense obradoiros de cóctel, decoración de tortas ou preparación de mousse.