Un total de 13.993 alumnos incorporaranse a 4º de infantil o vindeiro curso, cun 31,6% das prazas libres

Román Rodríguez destaca que, segundo os datos provisionais de admisión no proceso de escolarización, case o 97% do alumnado obtén praza no centro escollido

Todos os estudantes estarán en aulas cun máximo de 20 alumnos, a ratio propia establecida en Galicia, mentres que a nivel estatal esta cifra é de 25

Sáb, 25/04/2026 - 12:33
Nenos de infantil camiñando cara ao colexio de costas

Un total de 13.993 alumnos incorporaranse o vindeiro mes de setembro ás aulas de 4º de infantil, segundo os datos provisionais de admisión no proceso de escolarización. Así o avanzou hoxe o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, nunha visita ao Colexio Plurilingüe de Sestelo-Baión, en Vilanova de Arousa, onde recordou que este luns cada centro porá a disposición das familias as listaxes provisionais de admitidos.

 

O titular do departamento educativo da Xunta explicou que esta cifra de admisión supón que quedaron libres o 31,6% das prazas, un total de 6.473 das 20.466 ofertadas polo Goberno galego. “Polo tanto, a oferta é máis que suficiente, tendo en conta a diminución de alumnado que, segundo as estimacións iniciais, é de arredor de 700 alumnos menos en 4º de Educación Infantil respecto do curso anterior”, explicou o conselleiro.

 

Román Rodríguez destacou, así mesmo, que case o 97% do alumnado que se incorpora ao sistema acadou praza no centro escollido como primeira opción, é dicir, un total de 13.558 alumnos. Ao 3% que non acadou en primeira opción, 435 alumnos, asignaráselle unha praza noutro colexio sostido con fondos públicos da súa contorna a través do proceso de baremación previsto nestes casos. A este respecto, o conselleiro lembrou que Galicia é a comunidade co ensino máis próximo, “de feito o 90% dos concellos teñen un centro de Infantil e Primaria, fronte ao 55% da media estatal”, lembrou.

 

As prazas libres continuarán a disposición das familias ao longo do proceso de admisión. As listaxes definitivas publicaranse 15 de maio. A partires de aí, deberán proceder á matriculación. Para o alumnado de Infantil e Primaria o prazo abranguerá do 20 ao 30 de xuño, mentres que para o de ESO e Bacharelato será do 23 de xuño ao 7 de xullo.

 

Cómpre lembrar que estes alumnos estarán en aulas cun máximo de 20 alumnos, unha ratio propia de Galicia, modificada por acordo entre a Xunta de Galicia e os sindicatos CCOO, ANPE, UGT e CSIF. Mentres, a nivel estatal esa ratio segue fixada en 25.

 

Prazas e solicitudes

Por provincias, en Lugo ocúpanse o 73,5% das prazas (1.671 alumnos), seguida da Coruña co 71,6% (6.009 alumnos), Ourense co 65,9% (1.352 alumnos) e Pontevedra co 64,1% (4.961 alumnos). En canto ás sete cidades, o maior nivel de ocupación dáse en Lugo co 87,5% (607 alumnos), seguida da Coruña co 84,7% (1.377 alumnos), Santiago de Compostela co 81% (648 alumnos), Pontevedra co 79,1% (525 alumnos), Ferrol co 71,3% (358 alumnos), Vigo co 70% (1.578 alumnos) e Ourense tamén co 70% (615 alumnos).

 

Os datos de prazas ofertadas e cubertas son os reflectidos na seguinte táboa:

 

 

Prazas ofertadas

Solicitudes (prazas ocupadas)

Prazas libres

% prazas ocupadas

% prazas libres

Provincia

A Coruña

8396

6009

2387

71,6%

28,4%

Lugo

2274

1671

603

73,5%

26,5%

Ourense

2053

1352

701

65,9%

34,1%

Pontevedra

7743

4961

2782

64,1%

35,9%

Total

20466

13993

6473

68,4%

31,6%

Concello

A Coruña

1626

1377

249

84,7%

15,3%

Ferrol

502

358

144

71,3%

28,7%

Santiago de Compostela

800

648

152

81%

19%

Lugo

694

607

87

87,5%

12,5%

Ourense

879

615

264

70%

30,0%

Pontevedra

664

525

139

79,1%

20,9%

Vigo

2255

1578

677

70%

30,0%

Total

7420

5708

1712

76,9%

23,1

 

Primeira opción

A maiores, case o 97% do alumnado que solicitou praza en 4º de Educación Infantil nos centros educativos galegos para o vindeiro curso 2026/27 obtívoa no colexio escollido como primeira opción, en concreto, a porcentaxe é do 96,9%.

 

Isto supón unha porcentaxe moi similar á do ano pasado, malia que segue avanzando a implantación progresiva da mellora das rateos de 25 a 20 alumnos por aula, que o curso que vén se aplicará xa a toda a etapa de Infantil.

 

Os datos de admisión en primeira opción son os reflectidos na seguinte táboa:

 

 

 

Solicitudes (prazas ocupadas)

Admitidos en 1ª opción

Porcentaxe de admitidos en 1ª opción

Provincia

A Coruña

6009

5833

97,10%

Lugo

1671

1582

94,70%

Ourense

1352

1303

96,40%

Pontevedra

4961

4840

97,60%

Total

13993

13558

96,90%

Concello

A Coruña

1377

1305

94,80%

Ferrol

358

352

98,30%

Santiago de Compostela

648

624

96,30%

Lugo

607

568

93,60%

Ourense

615

614

99,80%

Pontevedra

525

514

97,90%

Vigo

1578

1511

95,80%

Total

5708

5488

96,10%