Programa de inmersión lingüística convocatoria 2026/2027

Ven, 24/04/2026 - 08:47
Programa de inmersión lingüística

 

Axudas destinadas a grupos de estudantes de de Educación Primaria e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria para o desenvolvemento dun Programa de Inmersión Lingüística en inglés. Con iso, preténdese estimular a práctica oral da lingua inglesa en contornas comunicativas non formais máis dinámicos e atractivos.
Así mesmo, dentro das actividades para desenvolver, trataranse temáticas de interese sociocultural e ambiental, e promoverase a inclusión e a convivencia de alumnado de diversos lugares de España e de centros educativos no exterior. As actividades realizadas durante o desenvolvemento do programa utilizarán o inglés como lingua vehicular.
Son os centros educativos quenes solicitan a participación do seu alumnado no programa cos seguintes requisitos:

  • Cursar estudos de 6º curso de Educación Primaria ou 2º curso de Educación Secundaria Obrigatoria.
  • Constituír grupos de 20 a 25 alumnos/as.
  • Estar escolarizados en centros docentes españois públicos ou concertados.

O prazo de presentación vai do 15 de abril ao 11 de maio ás 12:00

Para máis información, acurdir á seguinte ligazón.