Resolución da convocatoria pola que se adxudican as axudas de mobilidade, complementarias ás achegadas pola Unión Europea, para o alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2025/26 

Xov, 23/04/2026 - 09:26

De conformidade co artigo 10 da Orde do 25 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas de mobilidade, complementarias ás achegadas pola Unión Europea, para o alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2025/2026 en países que teñen a condición de países do programa no programa comunitario Erasmus+, achégase a Resolución do 9 de abril de 2026 pola que se adxudican as axudas de mobilidade, complementarias ás achegadas pola Unión Europea, para o alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2025/26 en países que teñen a condición de países do programa no programa comunitario Erasmus+, convocadas pola Orde do 25 de novembro de 2025.