Un total de 15.733 persoas inscríbense nas oposicións do ensino que se celebrarán este verán
A cifra de participantes baixa un 23%, con 4.689 aspirantes menos, debido ao acordo asinado cos sindicatos polo que os interinos non precisan concorrer aos exames
A Xunta convoca 1.601 prazas para estas probas, que empezarán o 20 de xuño
Esta aposta da Consellería pola estabilidade docente permitirá seguir mellorando as ratios nas aulas nun contexto de redución do número de estudantes
Un total de 15.733 persoas concorrerán ás oposicións de Educación deste ano 2026 segundo a listaxe provisional de admitidos publicado no Portal Educativo. Cómpre lembrar que, froito do acordo entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP e os sindicatos CC.OO., ANPE, UGT-SP Ensino e CSIF, como novidade nesta ocasión os interinos non teñen a obriga de presentarse ao exame, co obxectivo de axilizar o proceso. Isto provoca un descenso de case o 23% nas probas respecto á convocatoria do ano pasado. En concreto, 4.689 aspirantes menos.
A Xunta de Galicia convoca para este proceso un total de 1.601 prazas, o que supón esgotar o 120% da taxa de reposición marcado polo Estado, de tal forma que por cada 100 baixas se convocan 120 prazas. Case o 87%, un total de 1.388 prazas son de novo ingreso e as 213 restantes son de promoción interna, para que mestres que xa contan con praza se poidan incorporar ao corpo de profesores de ensino Secundario.
As probas desenvolveranse entre o 20 de xuño e o 19 de xullo en diferentes localidades da xeografía galega, que se concretarán nas próximas semanas.
Aposta pola estabilidade
As oposicións de 2026 elevan a 21.698 as prazas convocadas desde 2009 pola Xunta para renovar, estabilizar e permitir que os docentes avancen na súa carreira profesional. De feito, grazas a estas políticas, Galicia é desde hai anos a comunidade con menor interinidade docente do Estado.
Esta aposta polo profesorado prodúcese nun escenario de baixada do número de alumnos e súmase ao Acordo de mellora do sistema educativo ao abeiro do que, a iniciativa propia do Goberno galego, se está avanzando na mellora de ratios, algo no que se afondará no vindeiro curso grazas, entre outras medidas, a estas oposicións.
Por corpos, no de mestre convócanse 476 prazas en oito especialidades, e no de profesores de ensino secundario, 852 en 29 especialidades. Ademais, hai 60 prazas en cinco especialidades no corpo de profesores especialistas en sectores singulares da FP. As 213 prazas de promoción interna abranguen 29 especialidades. A relación de inscritos por corpos e especialidades é a recollida nas seguintes táboas.
Corpo de mestres
476 prazas, oito especialidades, 7132 admitidos :
|
Especialidade |
Prazas |
Admitidos |
|
Educación infantil |
80 |
1964 |
|
Educación Primaria |
125 |
1669 |
|
Lingua estranxeira: Inglés |
45 |
509 |
|
Lingua estranxeira: Francés |
35 |
185 |
|
Educación Física |
25 |
452 |
|
Música |
30 |
239 |
|
Pedagoxía Terapéutica |
95 |
1345 |
|
Audición e Linguaxe |
41 |
769 |
Corpo de profesores de ensino secundario
852 prazas, 34 especialidades, 8213 admitidos:
|
Especialidade |
Prazas |
Admitidos |
|
Filosofía |
25 |
154 |
|
Latín |
28 |
77 |
|
Lingua castelá e literatura |
35 |
432 |
|
Xeografía e historia |
35 |
771 |
|
Matemáticas |
50 |
382 |
|
Física e química |
30 |
435 |
|
Bioloxía e xeoloxía |
25 |
453 |
|
Debuxo |
30 |
398 |
|
Francés |
15 |
158 |
|
Inglés |
147 |
892 |
|
Portugués |
5 |
35 |
|
Música |
15 |
200 |
|
Educación física |
20 |
483 |
|
Orientación educativa |
15 |
279 |
|
Tecnoloxía |
15 |
354 |
|
Lingua e literatura galega |
80 |
357 |
|
Economía |
20 |
213 |
|
Administración de empresas |
20 |
153 |
|
Construcións civís e edificacións |
8 |
140 |
|
Formación e orientación laboral |
31 |
467 |
|
Informática |
30 |
104 |
|
Organización e xestión comercial |
15 |
110 |
|
Organización e proxectos de fabricación mecánica |
15 |
89 |
|
Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico |
10 |
143 |
|
Procedementos sanitarios e asistenciais |
20 |
312 |
|
Procesos comerciais |
20 |
140 |
|
Procesos de xestión administrativa |
33 |
269 |
|
Sistemas e aplicacións informáticas |
40 |
119 |
|
Equipos electrónicos |
20 |
94 |
Corpo de profesores especialistas en sectores singulares da FP
60 prazas en cinco especialidades, 521 admitidos:
|
Especialidade |
Prazas |
Admitidos |
|
Cociña e pastelaría |
12 |
143 |
|
Estética |
7 |
92 |
|
Fabricación e instalación de carpintería e moble |
7 |
58 |
|
Mantemento de vehículos |
20 |
172 |
|
Soldadura |
14 |
56 |